Sarria acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade para velar polo bo ambiente no San Xoán
SarriaXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, apelou á responsabilidade cidadá na vila
8 Jun 2024
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, apelou á responsabilidade cidadá en Sarria de cara ás festas de San Xoán que se celebrarán na localidade a finais de mes.
Así o determinou na Xunta Local de Seguridade que presidiu xunto co alcalde, Claudio Garrido, a quen ofreceu a máxima colaboración das forzas e corpos de seguridade tanto para estas datas sinaladas como para contribuír a manter a paz social no municipio o resto do ano.
A esta reunión acudiron responsables de seguridade do Concello, representantes da Garda Civil e do Subsector de Tráfico, así como membros da Policía Local.