Sarria anuncia un verán cheo de actividades para todas as idades
SarriaXa
Sarria brindará a posibilidade de participar en cursos de natación ou ioga, entre outras moitas máis actividades.
15 Xuño 2022
Sarria brindará a posibilidade de participar en cursos de natación ou ioga, entre outras moitas máis actividades.
A Concellería de Deportes presenta este campamento de actividades deportivas e culturais tan completo.
Os cursos de natación realizaranse por quincenas e serán inciados o 4 de xullo e en distintos turnos. Asemade, haberá máis opcións como a de practicar ioga e ximnasia de mantemento ao aire libre. Os demandantes poderanse inscribir desde o 17 de xuño para os cursos e do 21 de xuño para os abonos na piscina climatizada.
Por outra banda, tamén se poñerá en marcha o campamento urbano "Aventura no Camiño 2.0", onde a actividades xa realizadas no ano anterior, coma o kaiak ou paddle surf, sendeirismo, sumaranse as que levarán a cabo na aula Cemit. Minecraft, robótica. Todo estará destinado a cativas/os e mozas/os de entre 5 e 17 anos e aquel que desexe inscribirse poderá facelo a partir de mañá por sede electrónica ou rexistro.