Sarria aposta pola creación escénica cun curso intensivo de escrita teatral

SarriaXa
O dramaturgo Ernesto Is impartirá a formación o 18 de xaneiro na Biblioteca Camilo Gonsar nunha iniciativa do Concello e Rebuldeira Teatro
Biblioteca-Sarria
12 Jan 2026

O Concello de Sarria e Rebuldeira Teatro organizan para o vindeiro domingo 18 de xaneiro un curso intensivo de escrita teatral que se desenvolverá entre as 10.00 e as 14.00 horas na Biblioteca Camilo Gonsar. A actividade estará impartida polo dramaturgo Ernesto Is e nace co obxectivo de fomentar a creación dramática e achegar as ferramentas básicas da escrita escénica ás persoas interesadas neste ámbito artístico.

O curso está dirixido a persoas maiores de 18 anos vencelladas ás artes escénicas, así como a quen teña interese polo teatro, a literatura e a arte de contar historias. Segundo explican desde a organización, non é necesaria experiencia previa, xa que a formación está concibida como unha aproximación práctica e accesible á escritura teatral.

Con esta proposta, o Concello de Sarria e Rebuldeira Teatro reforzan a súa aposta pola dinamización cultural e pola promoción da creación artística, abrindo un espazo de aprendizaxe e intercambio arredor do teatro e da narración escénica.

⚙ Configurar cookies
0.073556900024414