Sarria aproba definitivamente as novas tarifas da piscina climatizada

SarriaXa
O abono individual mensual sobe ata os 37,37 euros tras seis anos sen revisión de prezos
piscina-sarria
16 Sep 2025

O Concello de Sarria vén de aprobar de forma definitiva as novas tarifas da piscina climatizada despois de estar expostas ao público sen que se presentasen reclamacións.

A medida fora aprobada parcialmente no pleno do pasado mes de xuño cos votos a favor do grupo de goberno de Camiña Sarria, mentres que PP e BNG optaron pola abstención e o PSOE rexeitou a proposta. .

Coa nova ordenanza, o abono individual mensual pasa dos 26,69 euros anteriores aos 37,37 actuais. O prezo trimestral sitúase en 104,47 euros, o semestral en 186,89 e o anual en 296,83, mentres que a matrícula terá un custo de 26,68 euros.

Ademais, mantéñense os descontos en función do número de membros da unidade familiar: 43,93 euros para dous integrantes, 47,85 para tres, 54,48 para catro e 59,81 no caso de superar esa cifra.

En total, o incremento chega ata un 40% tras seis anos sen cambios, co obxectivo de paliar parcialmente o déficit do servizo.

⚙ Configurar cookies
0.085970878601074