Sarria Bikers fixa para o 15, 16 e 17 de maio a IV Concentración Motera de Sarria

SarriaXa
O encontro reunirá durante tres días rutas en moto, concertos, exhibicións e actividades abertas a todo o público
concentracion-Sarria-Bikers-2025
20 Feb 2026

O colectivo Sarria Bikers anunciou as datas da IV Concentración Motera de Sarria, unha cita que volverá converter a vila nun punto de encontro para os afeccionados ás dúas rodas. O evento desenvolverase os días 15, 16 e 17 de maio cun programa que combinará rutas, música e diferentes propostas de lecer.

Ao longo das tres xornadas, os participantes poderán tomar parte en percorridos en moto pola contorna, unha das actividades centrais da concentración, que estará seguida de comidas de confraternidade.

Desde a organización confían en repetir a boa acollida da pasada edición e agardan que, como o ano anterior, a concentración conte tamén con actuacións musicais ao longo das distintas xornadas, reforzando así o ambiente festivo que caracteriza esta cita xa consolidada no calendario motero.

⚙ Configurar cookies
0.075448036193848