Sarria Bikers organiza a III Concentración Motera o segundo fin de semana de maio

SarriaXa
Durante tres días, os amantes das motos poderán gozar de rutas, concertos, exhibicións e diversas actividades nun evento aberto a todo o público
II-Concentración-Motera-de-Sarria-Bikers-2024
28 Mar 2025

O ruxido dos motores volverá sentirse en Sarria do 9 ao 11 de maio de 2025 coa III Concentración Motera de Sarria, organizada polo club Sarria Bikers. Durante tres días, os amantes das motos poderán gozar de rutas, concertos, exhibicións e diversas actividades nun evento aberto a todo o público.

O evento dará inicio o venres 9 de maio coa apertura de inscricións ás 18:00 h, seguida dunha pancetada e o concerto do grupo Malenne, pechando a noite co DJ Cendoi.

O sábado 10 de maio, a xornada arrancará cun almorzo motero e unha ruta libre con petiscos. Ao mediodía, a música tomará protagonismo coa Mekanika Rolling Band na sesión vermú. Pola tarde, haberá xogos moteros e a exhibición do porco mecánico, ademais dun espectacular show de acrobacias a cargo de Acuko Stunt Rider no Campo de A Ribela. A xornada culminará cunha emotiva Ruta de Fachos en memoria dos moteros falecidos, a cea no pavillón e o concerto do grupo Claxxon, seguido novamente de DJ Cendoi.

O evento pechará o domingo 11 de maio con máis rutas, sorteos e agradecementos, concluíndo co xantar de despedida no pavillón.

As inscricións inclúen diferentes opcións: a completa por 45 euros, que cobre todas as comidas, actividades e acampada, e a media inscrición por 35 euros, con acceso ás actividades e comidas do día elixido (sábado ou domingo).

A III Concentración Motera de Sarria promete unha fin de semana inesquecible para os amantes do mundo das dúas rodas, combinando paixón, música e camaradería.

⚙ Configurar cookies
0.74506807327271