Sarria Bikers organiza unha concentración de motos en maio

SarriaXa
Sarria Bikers organiza unha concentración de motos en maio, en concreto os días 12, 13 e 14 dese mes para as persoas interesadas
Sarria Bikers
9 Abr 2023

Sarria Bikers organiza a súa primeira concentración de motos os días 12, 13 e 14 de maio con dúas rutas.

As persoas interesas en participar, terán que pagar 40 euros de inscrición para participar nestes días en que haberá bolsas de benvida, concertos e sorteos.

En concreto, o venres 12 de maio, terá lugar a apertura de inscricións ás 16.00 horas e ás 22.00 horas haberá unha pancetada gratis para todos os inscritos e ás 23.30 horas La Disquetera dará un concerto, seguido do DJ Miguel Cendoi.

O sábado ás 10.00 horas abriranse o prazo de inscricións e ás 10.30 horas terá lugar a primeira ruta moteira. Ao seu remate, ás 14.00 horas celebrarase unha sesión vermú amenizada pola charanga Festicultores.

Despois da comida, a partir das 15.30 horas haberá xogos moteiros ata as 18.30 horas, momento no que terá lugar unha exhibición moteira a cargo de Paulo Martinho no Campo da Ribela.

Xa ás 20.00 horas terá lugar a ruta de fachos e bandeiras para logo dar lugar a unha cea ás 21.30 no pavillón. Xa ás 23.00 horas os grupos musicais Sound Sisters e Grupo Arizona darán un concerto e, para rematar, DJ Miguel Cendoi pechará o día.

Por último, o domingo 14 de maio, abriranse as inscricións ás 09.00 horas para comezar a última ruta moteira ás 10.30 horas. Ás 14.00 horas terá lugar a comida no pavillón e ás 15.30 horas celebrarase un sorteo e a entrega de trofeos que finalizarán o evento.

Con esta actividade queren presentarse á poboación e que se una máis xente.

Sarria Bikers cartel
0.16902303695679