Sarria, Burela e Chantada súmanse ao reto Ecoembes para incrementar a reciclaxe

SarriaXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
A Xunta e Ecoembes propoñen a 13 concellos galegos incrementar nun 10% a recollida de residuos do contedor amarelo.
unete al rete reciclaxe
16 Feb 2022

A Xunta e Ecoembes propoñen a 13 concellos galegos incrementar nun 10% a recollida de residuos do contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks). Esta é a esencia da terceira edición da campaña de reciclaxe Únete ao reto na que participarán os concellos da provincia de Sarria, Burela e Chantada.

Os 13 concellos xa foron capaces de reciclar no pasado ano máis de 1.700 toneladas de envases de plástico, latas e briks, polo que se acadan o obxectivo común aumentarán nun mínimo de 170 toneladas en total o volume de envases reciclados.

Nese sentido, están invitadps aos 178.000 veciños destes concellos a colaborar nesta campaña —que arrancará o vindeiro 1 de marzo e rematará o 31 de maio- e depositar nos contedores amarelos estes materiais que, tras o seu tratamento, se reciclan e se converten nunha nova materia prima.

Este esforzo verase recompensado cunha achega de 2.000 euros para doar á causa social que cada concello elixa, polo que reciclar “ten premio”, tamén porque reducen a súa factura do lixo por bolsa negra, e sobre todo para o medio ambiente, xa que se evita o uso de recursos e extracción de novas materias primas e se aposta pola economía circular, un sistema máis sostible e respectuoso co planeta.

A organización destaca que para recordar a importancia de reciclar e axitar a conciencia social dos veciños destes 13 concellos participantes, a campaña prevé unha serie de accións coas que comprometer ás entidades locais e aos cidadáns na mellora das cifras de reciclado.

A modo de exemplo, citou a instalación dun contedor amarelo xigante —construído con madeira reciclada— que será o símbolo da iniciativa e a celebración de xornadas con animadores para informar á cidadanía, comercio e hostaleiros do reto e da importancia da reciclaxe.

0.13576889038086