Sarria celebra a Milla Urbana o 31 de decembro con premios en vales para o comercio local

SarriaXa
A proba, limitada a 400 participantes, contará con categorías masculina e feminina e saída desde a rotonda da estrada de Samos
Milla-Urbana-Sarria-2024
Actualizada el 25 diciembre 2025, 16:34 horas
17 Dec 2025

O Concello de Sarria organiza un ano máis a Milla Urbana, que se celebrará o 31 de decembro a partir das 18:00 horas. A participación está limitada a 400 persoas, e as inscricións xa están abertas.

A carreira contará con categorías feminina e masculina en 1ª, 2ª e 3ª, e a saída terá lugar desde a rotonda situada na estrada que vén de Samos, mentres que a meta estará ao carón do Hotel Roma. O percorrido discorre por un circuíto urbano en liña recta pola rúa Liberdade.

Haberá premios en vales para gastar no comercio local para os gañadores absolutos: o primeiro clasificado recibirá un vale de 150 euros, o segundo 100 euros e o terceiro 50 euros, tanto en categoría masculina como feminina.

A entrega de dorsais realizarase o mesmo día da proba, a partir das 16:00 horas no pavillón dos Institutos de Sarria. Desde a organización destacan a importancia desta iniciativa, que combina deporte, participación cidadá e apoio ao comercio local.

⚙ Configurar cookies
0.074231147766113