Sarria celebra a XIII edición do Festival Garitosis con música en directo e entrada gratuíta

Sarria converterase esta fin de semana no epicentro musical da comarca coa celebración da XIII edición do Festival Garitosis, unha proposta organizada pola asociación cultural Rúa da Música que reunirá diversas formacións ao longo do sábado 6 de setembro.
A xornada arrancará ás 12:30 horas coa sesión vermú a cargo de Dous Bous, que estará acompañada dunha churrascada para todos os asistentes. Xa pola noite, desde as 21:00 horas, a programación continuará cun cartel variado no que figuran Gran Bazar, o dúo Saha & Ryu, a banda Los Pontiaks, Lelly Kelly’s e DJ Superdeportivo, que se encargará de pechar a festa.
O festival, de acceso totalmente gratuíto, consolidouse como unha das citas musicais de referencia en Sarria, ofrecendo unha oportunidade para gozar da música en directo e do ambiente festivo que cada ano atrae a numerosos veciños e visitantes.