Sarria celebra esta tarde a festa de fin de curso da Escola de Música e do Servizo de Atención Temperá

O Concello de Sarria organiza esta tarde, luns 16 de xuño, unha festa de fin de curso con motivo do Día da Atención Temperá, na que participarán a Escola Municipal de Música e o Servizo de Atención Temperá. O evento terá lugar na Casa da Cultura a partir das 18:00 horas.
Baixo o lema 'A diversidade, a inclusión e a igualdade deben ser a nosa sinfonía', a celebración contará cun programa musical protagonizado polo alumnado das distintas agrupacións da escola.
A xornada comezará ás 18:00 coa actuación da Escolanita, seguida dos Petapoucos ás 18:15, os Trombonudos ás 18:45, As Josefas ás 19:00, a Coral Polifónica ás 20:00 e o grupo Guitarreo ás 20:15.