Sarria celebra o 25 de outubro a XIX Festa dos Maiores no Pavillón dos Institutos

SarriaXa
A xornada inclúe actuacións musicais, un xantar de confraternidade e unha homenaxe ás parellas que celebraron as vodas de ouro neste 2025
Peleriños-na-Festa-dos-Maiores-Sarria
7 Oct 2025

O Concello de Sarria organiza o vindeiro 25 de outubro a décimo novena edición da Festa dos Maiores, unha cita xa consolidada no calendario local que busca recoñecer e agradecer o papel da veciñanza de máis idade na vida social e comunitaria.

O evento celebrarase no Pavillón de Deportes dos Institutos e contará cun programa cheo de música, convivencia e emocións compartidas.

A xornada comezará ás 13:30 horas coa actuación do grupo Peleriños, seguida dun xantar de confraternidade ás 14:00 horas. Pola tarde, ás 16:30, terá lugar a tradicional homenaxe ás parellas asistentes que este ano celebraron as súas vodas de ouro, un dos momentos máis emotivos da festa. O programa pecharase ás 17:30 coa actuación da Banda de Música de Sarria, que porá o broche final á celebración.

O prezo de inscrición é de 10 euros por persoa e de 20 euros para acompañantes. As persoas interesadas poderán anotarse no Concello entre o 6 e o 15 de outubro, en horario de 09:30 a 13:30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.13154602050781