Sarria celebra o 32 aniversario do Xarope con nova sesión de Simpósios Salvaxes

O Concello de Sarria organiza unha nova sesión de Simpósios Salvaxes, que desta vez se celebra no Xarope con motivo do seu 32 aniversario. A actividade terá lugar ás 12.30 horas deste sábado, 28 de marzo, e contará coa participación de Menchu, M. Darriba, Olalla Losada e Auria Aldea.
Desde o goberno local destacan que se trata dun "bar que é historia viva da cultura en Sarria, punto de encontro, de escena, de conversa e de proxectos que deixan pegada". O plan é claro: un coloquio informal, sen postureo, con ganas de falar e de escoitar. Os asistentes tamén poderán participar activamente, levando preguntas e curiosidade.
Para completar a celebración, haberá unha sesión vermú e tardeo coa Lilicleta de Fernando Putalte, e ás 23.00 horas subirán ao escenario Ryu e Saha para ofrecer un concerto polo aniversario.