Sarria celebrará os 200 anos de Matías López, pioneiro da publicidade e do chocolate en España

SarriaXa
Para homenaxear a súa figura, o Concello de Sarria inaugurará unha exposición dedicada ao márketing pioneiro de Matías López
Festival-Matías-Lopez-Sarria
5 Feb 2025

Sarria conmemorará en maio o bicentenario do nacemento de Matías López, ilustre empresario local que fundou unha fábrica de chocolate de España en 1851, Chocolates y Dulces Matías López. Ademais, foi un innovador no ámbito da publicidade, sendo o creador do primeiro cartel publicitario moderno en España, coñecido como 'Os gordos e os fracos'.

Para homenaxear a súa figura, o Concello inaugurará unha exposición dedicada ao márketing pioneiro de Matías López. A mostra incluirá a icónica publicidade de 'Os gordos e os fracos', que tamén inspirou dous dos cabezudos que desfilan en Sarria durante o San Xoán, ademais doutros 20 carteis históricos, algúns deles obtidos coa colaboración da familia do empresario.

Ademais, o goberno municipal está a organizar outras actividades en recoñecemento a este sarriao, como obradoiros de chocolate para o público infantil e a apertura dunha sala na antiga prisión dedicada á súa traxectoria empresarial.

Tamén se proxecta a tradución ao castelán dun pequeno libro en formato peto de 24 páxinas, editado polo Concello, no que se recollen os datos máis relevantes da vida de Matías López.

0.1590039730072