Sarria celebrou un Corpus Christi 2025 cheo de cor, tradición e participación veciñal

SarriaXa
A celebración contou ademais coa presenza de numerosas persoas peregrinas e visitantes, chegadas de lugares tan diversos como Australia, Arxentina, Estados Unidos...
Corpus-Sarria-2025
17 Jun 2025

Sarria volveu converterse nun escenario de cor, tradición e emoción coa celebración do Corpus Christi. Un ano máis, as rúas da vila enchéronse de alfombras florais elaboradas con esmero, converténdose nun lenzo efémero grazas ao traballo desinteresado de veciñas e veciños.

Desde o Concello de Sarria, transmítese un fondo agradecemento a todas as persoas que colaboraron para facer posible esta manifestación artística e cultural. Entre as voluntarias e voluntarios que puxeron mans, corazón e dedicación, figuran María, Nati, Carmen, dona Carmen, Mari Carmen, Idalia, Pacita, Geni, Ángeles, Modesto, Gema, Pili, Pedro, Mateo, Enma, Hugo, Natalia, Raquel, María, Débora, Mari Carmen, Ana, Raquel, Eva, Evi, Cuqui, Reyes, María, Dina, Lola, Marina, Mateo, Tomás, Xabi, Fabia, Yoli, Alfonso, Darío, Suso, Fran, Milucho, Mati, Paco, Montero, Palmira, Mari, Antonio, Guillermo, Andrea, Yosune, Nico, Iván, Leticia, Olga, Carlos, Ana e Guy.

O Concello agradece tamén a colaboración das floristerías Madeira e Esther, así como aos floricultores de Sande (O Corgo), que doaron as flores que deron vida ás alfombras. Destácase igualmente o traballo artístico de Hernando, Marcos, María e Cristina, cuxos deseños fixeron de cada alfombra unha verdadeira obra de arte.

A celebración contou ademais coa presenza de numerosas persoas peregrinas e visitantes, chegadas de lugares tan diversos como Australia, Arxentina, Estados Unidos, Italia, Corea, Barcelona ou Alcalá de Henares, que participaron e aprenderon con entusiasmo desta tradición tan especial.

⚙ Configurar cookies
0.11198902130127