Sarria contará cun novo aparcadoiro público en O Pedregal

SarriaXa
O centro de Sarria contará cun aparcadoiro público ao aire libre co fin de facilitar a mobilidade dos cidadáns.
sarria rúa xela arias paso peóns 2
27 Apr 2021

O centro de Sarria contará cun aparcadoiro público ao aire libre co fin de facilitar a mobilidade dos cidadáns. Atoparase en O Pedregal, entre a Rúa Vázquez Saco (por onde estará a entrada e a salida) e a Praza da Vila nuns terreos que serán acondicionados e nos que xa se está a elaborar un proxecto que, según o concelleiro Félix Seijas, determinará o número de prazas dispoñibles. Así mesmo, para levar a cabo dito proxecto será necesario nivelar o terreo, retirar unhas placas colocadas tempo atrás, alquitranar, pintar as prazas e sinalizar.

Xunto a este novo aparcadoiro, encóntranse dous máis: o do Campo do Río e o da Praza da Alvareda, que se atopa próximo ao centro médico e, aínda que existen outras zonas acondicionadas a este tipo de servizos coma a explanada de O Chanto, esta é empregada polos usuarios das instalacións deportivas e non contan co mesmo uso cas anteriores.

Félix Seijas defendeu tamén a necesidade deste servizo que se adapta á perfección a eses terreos ademais de ser unha boa forma de que as rúas queden desconxestionadas e que as persoas con mobilidade reducida teñan unha maior facilidade para achegarse ao centro do pobo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15720200538635