Sarria contemplou o ceo estrelado
SarriaXa
Os veciños e veciñas de Sarria puideron disfrutar na pasada noite dunha actividade de observación nocturna do ceo de verán.
4 Aug 2021
Os veciños e veciñas de Sarria puideron disfrutar na pasada noite dunha actividade de observación nocturna do ceo de verán. Así pois, a actividade estaba dirixida a todos os públicos para que os máis pequenos e os adultos puideran disfrutar dun ambiente máxico e inesquecible.
Os profesores encargados da actividade foron Pedro Pablo Campo e Luca Piccotti, membros do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, grazas aos cales se puido aprender e gozar do mundo da astroloxía.
Unha xornada diferente na que houbo unha parte máis teórica e unha parte máis prática e visual coa que se puido contemplar o ceo de forma distinta e cercana. Así mesmo, dende a organización esperan repetir novamente o ano que vén.