Sarria continúa co proxecto de rexenerar as pistas municipais
O Concello de Sarria constituíu unha brigada municipal de rebacheo con seis operarios e dous maquinistas que serán dirixidos polo encargado de medio rural, e que empregarán a maquinaria necesaria de propiedade municipal. O obxectivo é solucionar a deterioración das pistas de titularidade municipal mentras non se logra a través dos 4 proxectos que se impulsaron de rexeneración e reparación mediante aglomerado quente.
As pistas que se amañaron foron de Mendrós, Santa María de Vilar, Mazadoiro, campo de fútbol - Aceas- Farbán, Reñia, Betote - Treilán, Céltigos.
Desta forma, tamén se están a rexenerar mediante regas asfálticas de imprimación as de Granxa Barreiros - Ortoá - límite Paradela- Goyán; Vilasante - Polvoeiro; Farbán; Mazadoiro; Santalla . Arxemil; San Andrés; Cima de Vila; Mundín - Lier; entre outras, en espera a que a rexeneración se poida realizar mediante aglomerado quente.