Sarria decidirá o domingo ás 10:00 horas se mantén o Desfile de Entroido previsto para a tarde

SarriaXa
O Concello condiciona a celebración ás previsións meteorolóxicas e informará polos canais oficiais en caso de aprazamento
Entroido-Sarria-2024-2
14 Feb 2026

O Concello de Sarria comunicou que o Desfile de Entroido programado para este domingo ás 17:00 horas, con saída desde o Barrio da Estación, queda pendente da evolución das condicións meteorolóxicas.

A decisión definitiva sobre a súa celebración adoptarase o propio domingo ás 10:00 horas, tras o acordo acadado nunha reunión cos participantes e cos grupos inscritos.

Segundo informou o goberno local, se o tempo o permite, o desfile desenvolverase con normalidade á hora prevista. No caso de que as previsións non sexan favorables, anunciarase oficialmente o seu aprazamento a través dos canais habituais de comunicación municipal.

Desde o Concello agradeceron a colaboración e a disposición amosada polos colectivos participantes, así como a súa comprensión ante unha decisión que dependerá exclusivamente da situación meteorolóxica.

⚙ Configurar cookies
0.085222959518433