Sarria deleitarase do ceo nocturno cunha actividade de observación

SarriaXa
Os veciños e veciñas de Sarria poderán disfrutar o vindeiro 30 de xullo dunha actividade de observación nocturna do ceo de verán.
ceo estrelado
28 Xul 2021

Os veciños e veciñas de Sarria poderán disfrutar o vindeiro 30 de xullo dunha actividade de observación nocturna do ceo de verán na que se poderán visualizar diferentes estrelas que asoman no ceo. A actividade está dirixida a toda a familia e hai que anotarse na biblioteca pública Camilo Gonsar xa que as prazas son limitadas.

A actuación terá dúas partes. Na primeira delas farase unha presentación na que non só se centrará nos obxectos que logo se observarán, senón que se falará sobre a relación secular do Camiño de Santiago coa Vía Láctea, guía fundamental nos amenceres de verán. A razón disto é que a posición da Galaxia nesos momentos está en dirección este-oeste, marcando polo tanto o sentido hacia a tumba do Apóstol Santiago.

Así mesmo, están previstas conferencias impartidas por persoas especialistas no feito xacobeo.

A seguinte sesión de observación astronómica terá dúas partes. Unha primeira na que se identificarán constelacións a simple vista, así coma a propia Vía Láctea e, unha segunda, na que se fará uso de telescopios portátiles cos que ver en máis detalle a Lúa, Xúpiter, Saturno, estrelas dobres e nebulosas, entre outras.

Ademais, durante as observacións profesores e monitores comentarán detalles e curiosidades sobre os obxectos que se observan, propiedades físicas, mitoloxía, anécdotas, etc.

Unha actividade dirixida a todo o público na que se poderá disfrutar dunha noite diferente chea de aprendizaxe e curiosidades. Desta maneira, tamén se informa que se apagará a iluminación pública do día 30 de xullo de 23.30 a 1 en toda a zona da casa da cultura.

cartel programa estrelas
0.16110587120056