Sarria desfrutará o vindeiro venres da película Monstros SA para os máis cativos
A tempada de cine gratuíto para os nenos e nenas do concello de Sarria continúa o vindeiro venres coa proxección da película Monstros SA a partir das 17.30 horas na Casa da Cultura da vila.
A derradeira película da que poderán desfrutar os máis cativos será Ratatouille que terá lugar o día 25 deste mes.
Esta actividade busca fundamentalmente o entretemento e a diversión dos máis pequenos.
Monstros SA
Nun mundo habitado por monstros, a cidade de Monstrópolis abastécese da enerxía obtida a partir dos gritos de nenos humanos. Para conseguila, na fábrica Monstros SA, criaturas profesionais empregadas como “asustadoras” aventúranse ó mundo onde viven as persoas para reunir os gritos dos nenos a través de portais que desembocan nos armarios das habitacións. Non obstante, trátase dun traballo perigoso, xa que os monstros pensan que os seres humanos son tóxicos ó tocalos.
Ó mesmo tempo, a produción de enerxía non para de decrecer debido a que os nenos son cada vez máis difíciles de asustar, algo ó que o director executivo da empresa, está disposto a atopar unha solución coa axuda do dúo formado por Sullivan e Mike, os seus dous mellores empregados, así coma de Randall Boggs, o segundo máis experimentado e rival dos outros dous.