Sarria é a única representación galega na Federación de Asociacións do Camiño Francés

SarriaXa
La Asociación de Amigos del Camino de Sarria es la única gallega que forma parte de la Federación de Asociaciones del Camino Francés.
federacion camino frances sarria4
31 Jan 2022

A Asociación Amigos do Camiño de Sarria é a única representación galega coa que conta a recente agrupación do Camiño Francés.

Burgos foi a cidade escollida para a creación da Federación de Asociacións do Camiño Francés que ten como fin conservar as tradicións e esencias que fan do Camiño Francés un roteiro único que aposta pola peregrinaxe de longo percorrido.

Esta unión nace da problemática que xorde trala aprobación de máis de 50 camiños diferentes cara a Santiago, que disolve a esencia e o concepto propio do Camiño. Ademais, é un dos seus fins volver a coller forza despois de que nos últimos dez anos, un 30% de peregrinos escollan o Camiño Portugues e non o Francés.

Outro dos seus obxectivos é promover o Camiño máis aló dos últimos 100 km que o conforman, encargaranse de promover e protexer a ruta que está declarada como Ben de Interese Cultural.

A Federación conta con asociacións de todo o territorio español. Conforman a agrupación Asociacións de Sarria, O Bierzo, Astorga, León, Mansilla d elas Mulas, Sahagún, Palencia, Burgos, Logroño, Estella, Os Arcos, Pamplona, Roncesvalles, Zaragoza e Jaca.

0.14554405212402