Sarria é distinguida coas Flores de Honra pola mellora do seu espazo verde urbano

SarriaXa
O Concello de Sarria vén de recibir dúas Flores de Honra en recoñecemento ao traballo desenvolvido na mellora do espazo verde urbano.
flores_de_honra_concello_de_sarria
25 Nov 2023

O Concello de Sarria vén de recibir dúas Flores de Honra en recoñecemento ao traballo desenvolvido na mellora do espazo verde urbano. O concelleiro de Medio Ambiente, Sostibilidade, Parques e Xardíns, Borja García, e a concelleira de Políticas Sociais e Igualdade, Isabel Vergara, foron os encargados de recibir o galardón.

García e Vergara desprazáronse este venres ata Tomiño para participar na gala de entrega dos galardóns Vilas en Flor.

Sarria foi un dos 38 municipios distinguidos coas Flores de Honra. Trátase duns galardóns que outorga un xurado especializado integrado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito paisaxístico, o viveirismo, a bioloxía e a formación agraria.

0.13865804672241