Sarria elaborará a Alfombra Mundial do Xacobeo 2022 coa axuda dos seus veciños

SarriaXa
Coa axuda de tódolos veciños, Sarria elaborará maña ás 18.00 horas na rúa do Peregrino, a Alfombra Mundial do Xacobeo 2022
alfombra sarria
23 Jul 2022

Maña a partir das 18.00 horas na rúa do Peregrino, en Ponte Ribeira, terá lugar a elaboración da alfombra mundial do Xacobeo 2022 coa participación de numerosos alfombristas de Sarria.

Máis de 15.000 persoas de todo o mundo encargaranse de elaborar a Alfombra Mundial do Xacobeo 2022, evento que tamén se celebrou o derradeiro ano e consiste en facer todos a mesma alfombra de xeito conxunto durante os mismos días, 24 e 25 de xullo, en cada un dos seus pobos ou cidades.

Este ano, como novidade, varios alfombristas que se atopan facendo o Camiño de Santiago, axudarán na realización desta gran alfombra dun total de setenta metros cuadrados na praza da Inmaculada en Santiago Compostela. O deseño deste ano corre a cargo de Antonio Cunha, de Setúbal, e consiste nunha alegoría das vidrieiras que se atopan nas igrexas, amosando a cruz de Santiago como o faro que guía aos peregrinos.

O promotor desta iniciativa é a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, destinada a difundir, espallar e promocionar o Camiño de Santiago e o patrimonio material e inmaterial vinculado a el.

0.14226412773132