Sarria estrea a segunda Tempada Máxica no Adarve cun espectáculo e cea mensual

SarriaXa
O mago Roberto Lolo impulsa unha programación que combinará actuacións e gastronomía, cun primeiro evento o 8 de novembro protagonizado por Iago Saavedra
Roberto-Lolo-en-Adarve-Sarria
2 Nov 2025

O mago sarriao Roberto Lolo pon en marcha a segunda Tempada Máxica no Adarve de Sarria, unha proposta cultural que regresa cun formato renovado e unha oferta especial destinada a atraer tanto ao público local como a visitantes.

Desta vez, programarase un espectáculo un sábado de cada mes, seguido dunha cea, creando así o denominado Combo Máxico ao prezo de 20 euros, que permitirá gozar do show ás oito da tarde e, a continuación, sentarse a cear ás nove e media nun ambiente tranquilo e próximo aos artistas.

A organización destaca que quen prefira asistir unicamente ao espectáculo poderá facelo cunha achega de cinco euros destinada ao artista.

A programación arrincará o sábado 8 de novembro coa presenza do mago Iago Saavedra, que será o encargado de abrir esta nova tempada chea de ilusiones e humor. Para garantir a asistencia, recoméndase reservar con antelación debido ao aforo limitado, podendo facerse a través do número de teléfono 663 640 067.

⚙ Configurar cookies
0.087723016738892