Sarria exhibe 'Halcón Peregrina', unha mostra artística sobre o Camiño de Santiago da man de Isis Roldán

SarriaXa
A exposición poderá visitarse ata o 27 de xullo na Oficina de Turismo e recolle acuarelas inspiradas na experiencia persoal da artista como peregrina
exposicion-Halcon-Peregrina-Sarria
6 Jul 2025

A Oficina de Turismo de Sarria, situada na antiga Prisión Preventiva, acolle desde o 4 ata o 27 de xullo a exposición “Halcón Peregrina”, unha proposta artística que une pintura e camiño a través da mirada da artista e peregrina Isis Roldán.

A mostra, de carácter itinerante, está promovida pola Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS) e recala agora nun dos puntos máis emblemáticos da ruta xacobea: Sarria.

Licenciada en Belas Artes e profundamente vencellada ao Camiño, Roldán emprendeu no ano 2022 unha travesía desde Saint Jean Pied de Port ata Muxía, cargando na súa mochila pinceis, papeis de pequeno formato e unha paleta de cores co obxectivo de pintar un diario artístico da súa viaxe

. O resultado é unha colección de acuarelas nas que se plasma a vivencia íntima do percorrido e que veñen acompañadas de breves textos en castelán e inglés para contextualizar as obras e compartir o proceso creativo.

“O título é feminino, ‘Peregrina’, porque quixen reflexar a miña experiencia como muller no Camiño”, explica a autora. A mostra poderá visitarse en horario de apertura da Oficina de Turismo durante todo o mes de xullo, ofrecendo ao público unha ollada emocional e estética sobre a peregrinación.

⚙ Configurar cookies
0.1533420085907