Sarria homenaxea ao escultor José Díaz Fuentes cunha exposición
A Casa da Cultura de Sarria acolle, do 21 de xullo ao 31 de agosto de 2021, unha exposición homenaxe ao escultor José Díaz Fuentes, Fillo Predilecto de Sarria e promotor da exposición Bienal de Arte.
Esta cita xa estaba prevista para o ano pasado, cando se cumplían dez anos do seu falecemento, sen embargo, a causa da covid19, non se puido levar a cabo. Na exposición poderán verse obras que non se expuxeron dende fai anos ou que, incluso, aínda non se viron publicamente.
A mostra contará con participacións de outros artistas -coma Violeta Bernardo, Machús o Méndez- que aportan os seus traballos para esta homenaxe. Xunto a estos traballos, a exposición componse por unha decena de esculturas e unha selección de debuxos da súa autoría. Así mesmo, haberá dúas esculturas da escultora Florence Normier, viúva do artista, e un cuadro de Mina Vrillet.
O aforo no interior da Casa da Cultura está reducido a seis persoas a causa da actual situación sanitaria e a entrada é gratuíta.
A través desta exposición, búscase transmitir o recordo, a memoria e o espírito do gran creador de formas que continuará axudándonos a coidarnos e a nutrir o noso pensamento a través de obras artísticas.