Sarria inaugurou a mostra fotográfica 'Postais Pampónigas de Sarria'

SarriaXa
A antiga prisión preventiva acolleu o acto de inauguración da exposición dedicada a estas figuras tradicionais
antiga-prisión-preventiva-Sarria
14 Aug 2025

A antiga prisión preventiva de Sarria converteuse en escenario para a inauguración da mostra 'Postais Pampónigas de Sarria', unha colección fotográfica que recolle imaxes das populares figuras que forman parte do imaxinario festivo e cultural do municipio.

A inauguración, que comezou ás 20:00 horas deste pasado martes, 13 de agosto, permitiu ao público gozar dun percorrido visual polas Pampónigas, captadas en instantáneas que destacan tanto o seu carácter festivo como o seu valor etnográfico.

A iniciativa contou coa colaboración do Concello de Sarria, que segue apostando por poñer en valor o patrimonio cultural local.

⚙ Configurar cookies
0.083945989608765