Sarria luciu as súas alfombras florais polo Corpus

SarriaXa
Entre o 18 e 19 de xuño os veciños sarriáns foron partícipes da elaboración destas alfombras florais con motivo do Corpus.
corpus_sarria_1
20 Xuño 2022

Entre o 18 e 19 de xuño os veciños foron partícipes da elaboración destas alfombras florais.

Estaba fixado o traballo nas alfombras florais con motivo do Corpus Christi para o 18 e 19 de xuño. E así, ata a rúa maior ás 17.00 da tarde do 18, acudiron veciños desexosos de botar unha man na tarefa que rematou mostrando os seus froitos este domingo día 19.

Dende o Concello de Sarria manifestaron o seu agradecemento a cada un dos involucrados: "Un ano máis volvestes a conseguilo. Incansables e magníficos: así sodes e por iso foi posible", aseguraron, ao mesmo tempo que aproveitaron para recalcar  que fora "un pracer traballar con todos vós na calor, o frío e a choiva, durante o día e pola noite. Facedes que mereza a pena".

corpus_sarria
0.15018010139465