Sarria oferta varias actividades na aula CeMIT
A CeMIT de Sarria -Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica- oferta diferentes actividades na Casa da Cultura de Sarria.
Actualmente, hai catro cursos dispoñibles novos neste mes de novembro. O primero é un curso de introducción o CODIX LibreOffice, que se celebrará do 2 ao 11 de novembro e que terá un horario de 20 a 21 horas. A actividade está dirixida a todas as idades e conta con 10 prazas en total.
O segundo é unha formación sobre administración electrónica, que se levará a cabo do 3 ao 8 de novembro e que conta cun horario de 16 a 17 horas. Neste caso, está dirixido a maiores de 55 anos interesados na independencia dixital. Tamén está dispoñible un curso de introducción á edición de imaxes e retoque básico con GIMP, que será do 4 ao 15 de novembro de 17.30 a 19 horas e que está dirixido a todas as idades.
Finalmente, tamén ofertan dende o Concello unha actividade de ofimática na nube, do 10 ao 15 de novembro, de 16 a 17 horas. Así pois, para poder participar é preciso inscribirse na Casa da Cultura de Sarria, situada na rúa Marqués de Ugena s/n, no número de teléfono 982535234 ou no enderezo electrónico cemit.sarria@xunta.gal.