Sarria pon en marcha a campaña de compostaxe doméstica con entrega gratuíta de composteiros

SarriaXa
A primeira sesión terá lugar este xoves na Casa da Cultura e continuará nas próximas semanas en diferentes puntos do municipio
Casa-da-Cultura-Sarria
13 Nov 2025

O Concello de Sarria inicia este xoves a súa nova campaña de compostaxe doméstica, unha iniciativa coa que se pretende fomentar o aproveitamento dos residuos orgánicos e reducir o volume de lixo que chega ao colector. A primeira entrega de composteiros realizarase esta tarde, 13 de novembro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura.

Durante as próximas semanas está previsto que se celebren máis sesións informativas en distintos puntos do concello, abertas a todas as persoas interesadas. Para participar, só é necesario asistir a unha destas charlas, nas que se explicará o proceso de compostaxe e se fará entrega dun composteiro de balde a cada participante.

O obxectivo da campaña é ensinar á veciñanza a transformar os restos orgánicos xerados nos fogares en abono natural, contribuíndo así á sustentabilidade ambiental e á economía circular.

Esta actuación conta co apoio da Xunta de Galicia e co financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, dentro das accións destinadas á xestión sostible dos residuos municipais.

⚙ Configurar cookies
0.065155029296875