Organizan en Sarria a tradicional Papanoelada moteira cun percorrido festivo pola vila

SarriaXa
A cita, impulsada por Sarria Bikers e apoiada polo Concello, celebrarase o 21 de decembro ás 18.30 horas
Sarria-Bikers-(6)
11 Dec 2025

A vila de Sarria volverá vivir este ano a súa tradicional Papanoelada moteira, unha convocatoria impulsada pola agrupación Sarria Bikers que reunirá de novo a numerosos afeccionados ás dúas rodas vestidos de Papá Noel.

A actividade desenvolverase o domingo 21 de decembro a partir das 18.30 horas, momento no que dará comezo a saída desde o campo de rugby.

As persoas participantes percorrerán as rúas da localidade nun traxecto festivo que permitirá encher Sarria de música, cor e ambiente navideño. Unha vez completado o itinerario, a comitiva porá rumbo á Ousá, onde se ofrecerá unha chocolatada para pechar a xornada cun momento de convivencia.

A organización da Papanoelada corre a cargo de Sarria Bikers e conta tamén co respaldo do Concello de Sarria, que colabora un ano máis co desenvolvemento desta iniciativa xa convertida nun clásico do Nadal no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.082766056060791