Sarria prepárase para o final do XX Festival Internacional de Maxia tras unha semana de espectáculos pola vila

SarriaXa
A programación ofrece as últimas galas infantís, de preto e nocturnas antes da gran clausura do domingo na praza Vila Vella
Festival-Internacional-Maxia-Sarria-2025
23 Aug 2025

O XX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria entra na súa recta final logo dunha intensa semana na que a maxia encheu prazas, rúas e recunchos da localidade lucense. Quedan só dous días para gozar das derradeiras funcións dun certame que se consolidou como unha das citas de referencia no calendario cultural galego.

Este sábado 23 de agosto, a programación arrinca ás 18:30 horas cunha gala infantil na praza do mural Xela Arias, da man de Edu o Mago e Melanie. Ás 19:30 horas a maxia de preto ocupará a Casa da Cultura con Sara Rodríguez, Román García e Dani DaOrtiz. Xa pola noite, ás 22:30 horas, o cine O Meigallo acollerá a terceira gala con intérprete en lingua de signos protagonizada por Mago Roger e Karim. A xornada rematará de madrugada, ás 01:00 horas no Adarve, cun espectáculo de mentalismo e maxia de salón a cargo de Toni Pons, Raúl Alegría e Edu o Mago.

O domingo 24 será a xornada de peche. A sesión vermú con maxia de preto terá lugar ás 13:30 horas nas terrazas do Malecón, con Iago Saavedra, Nacho Nogueira e Sara Rodríguez. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, celebrarase unha gran gala infantil na sala da Unión con Nacho Nogueira, Sara Rodríguez, Iago Saavedra e Román García. O broche final chegará ás 22:30 horas na praza Vila Vella, onde se reunirá un elenco formado por Román García, Lucía Rivera, Edu o Mago, Mago Iago, Toni Pons, Karim e Raúl Alegría.

⚙ Configurar cookies
0.13889503479004