Sarria prepárase para o outlet de verán con grandes descontos en moda, calzado e complementos

Chega a Sarria o outlet de verán máis agardado. Os vindeiros días 22 e 23 de agosto, os establecementos da Asociación de Comerciantes de Sarria (ACES) sacarán á rúa a súa mellor artillaría da tempada cunha ampla oferta en moda, complementos, calzado e moitos outros produtos.
Segundo destacan desde a organización, trátase dunha oportunidade única para aproveitar os prezos máis baixos do ano, nun evento que se converteu xa nunha cita fixa no calendario comercial da vila e que atrae cada edición a centos de visitantes en busca de auténticas gangas.
O outlet de verán contará coa participación dunha ampla variedade de comercios locais que ofrecerán descontos especiais, consolidando así esta iniciativa como unha das máis importantes para dinamizar o pequeno comercio e reforzar a actividade económica en Sarria.