Sarria prepárase para o XIII Máster de Futbolín, que repartirá máis de 9.000 euros en premios

SarriaXa
O campionato, que se celebrará do 31 de outubro ao 2 de novembro, aspira a superar o récord de participación e consolidarse como referente nacional
master-futbolin-sarria-2025
11 Oct 2025

Sarria prepárase para volver ser o epicentro do futbolín coa celebración da décimo terceira edición do Máster de Futbolín, que terá lugar entre o 31 de outubro e o 2 de novembro no pavillón dos institutos. O torneo contará con 20 mesas para que as parellas participantes poidan disputar as partidas nas distintas modalidades.

A competición comezará o xoves 31 coas categorías local e combinada, continuará o venres 1 de novembro coa modalidade de movemento e rematará o sábado 2 coa categoría de parado, que tamén inclúe a proba feminina. Todas as modalidades estarán organizadas en élite, primeira e segunda categoría.

Na modalidade de movemento, a barra central é fundamental para controlar a pelota e crear oportunidades, xa que só se permite un toque en dianteira antes de rematar a gol.

Esta edición repartirá máis de 9.000 euros en premios, a maior contía da historia do torneo. Ademais, a organización busca superar o récord de participación do ano pasado, que chegou a 257 parellas, e continuar consolidando o torneo como unha cita de referencia a nivel nacional.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través das redes sociais da asociación organizadora ou chamando ao teléfono 637 17 69 84 (Jonathan López). A cota de inscrición é de 25 euros por persoa, agás na categoría combinada, que ten un prezo reducido de 5 euros.

⚙ Configurar cookies
0.064955949783325