Sarria presenta a actividade de verán 'Aventura no Camiño 2021'
Sarria presenta a actividade deportiva de verán Aventura no Camiño 2021 que se celebrará durante os meses de xullo e agosto en catro quendas. A primeira levarase a cabo do 5 ao 16 de xullo, a segunda do 19 ao 30 de xullo, a terceira do 2 ao 13 de agosto e, finalmente, a cuarta do 16 ao 27 de agosto. En canto ao horario será de 9.30 a 14 horas e as actividades desenvolveranse nas instalacións deportivas do Concello de Sarria.
O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre os 12 e os 17 anos -nados do 2004 ao 2009- e terán un prezo de 8,86 euros por quincena e por actividade.
As actividades que se atopan dentro da programación son: rutas de sendeirismo -Camiño de Santiago e a ruta das Aceas-, xogos sensoriais -O camiño dos Sentidos: ruta sensorial- , xogos deportivos, técnicas vivac e xeocachinag, xincanas, multiaventura (orientación e slackline), búsqueda do tesouro pola vila, obradoiro medio ambiental e actividades acuáticas (kaiak, paddel surf e xogos acuáticos).
Os formularios de solicitude de praza para actividades deportivas deberán ser presentados en horario de 9 a 14 horas no rexistro do Concello de Sarria ou na sede electrónica do mesmo. Así pois, estes formularios están dispoñibles na páxina web www.sarria.es e en formato impreso na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ou no rexistro do Concello de Sarria.
As prazas son limitadas, polo que serán adxudicadas por rigorosa orde de presentación de solicitudes no rexistro do concello o na sede electronica: sarria.sedelectronica.es