Sarria presenta unha programación cultural diversa para o mes de febreiro

SarriaXa
Música, teatro, Entroido e actividades na Casa da Cultura e na Biblioteca centran a axenda municipal
Casa-da-Cultura-Sarria
30 Jan 2026

O Concello de Sarria vén de dar a coñecer a programación cultural prevista para o mes de febreiro de 2026, cun calendario que reúne propostas de música, teatro, literatura, Entroido e actividades divulgativas en distintos espazos municipais como a Casa da Cultura, a Biblioteca Pública Camilo Gonsar, as rúas da vila e a Praza da Vila.

A axenda arrancará o día 1 coa proposta O látexo do verso, a cargo de Ars Combinatoria e Marica Campo, que se celebrará ás 18:00 horas na Casa da Cultura. O día 5 terá lugar a actividade A administración cerca de ti, ás 11:00 horas no mesmo espazo, mentres que o 7 está previsto un obradoiro de máscaras de Entroido ás 17:30 horas.

A programación continuará o día 8 coa representación da obra Seca, de Teatro do Ar, incluída no Circuíto de Teatro Amador da FEGATEA, ás 20:00 horas na Casa da Cultura. Do 9 ao 13 de febreiro celebraranse as audicións de ESMUSA, que terán lugar todos eses días ás 17:30 horas.

O Entroido terá un papel destacado na axenda, co desfile previsto para o día 15 ás 17:00 horas polas rúas de Sarria, seguido da actuación de Mekanika Rolling Band ás 20:00 horas na Praza da Vila, e coa Festa de Entroido do día 16, que se desenvolverá entre as 17:00 e as 21:00 horas no edificio da Unión.

O teatro volverá á programación o día 21 coa obra Aventura Pirata, de Lalá Teatro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura, mentres que o día 22 acollerá un obradoiro de iniciación ao pandeiro cadrado impartido por Roberto Rodríguez, da Asociación Cultural Peleriños, ás 17:00 horas.

A axenda complétase o día 23 coa actividade Descubre Lugo a través da tecnoloxía, ás 11:00 horas na Casa da Cultura, o día 25 coa proposta Simposios Salvaxes, ás 20:00 horas na Biblioteca Pública Camilo Gonsar, e o día 28 coa presentación do libro Roxe de Sebes, de Ignacio Castro, que terá lugar ás 12:00 horas na mesma biblioteca.

⚙ Configurar cookies
0.078612089157104