Sarria programa unha ampla axenda cultural para abril con teatro, literatura e actividades

Sarria contará ao longo do mes de abril cunha variada programación cultural que inclúe actividades para todos os públicos, con propostas que se desenvolverán principalmente na Casa da Cultura, na Biblioteca Pública e na Casa do Marqués.
A axenda arrinca o día 8 coa actividade “Último conto na biblio con Lola e Enora”, que terá lugar ás 17:30 horas na Biblioteca Pública. O día 10 celebrarase o acto “450 anos de Gregorio Fernández con Arlindo”, ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
O día 11 será a quenda do teatro con “Contos pola igualdade con Treboada Teatro”, ás 18:00 horas tamén na Casa da Cultura. A programación continuará o 15 de abril co obradoiro de escrita creativa impartido por María Casar, ás 19:00 horas no mesmo espazo.
O 17 de abril proxectarase o documental “O camiño de Cova Eirós”, ás 20:00 horas na Casa da Cultura, mentres que o día 18 terá lugar a inauguración da exposición “O teixón freático” na A Sede.
A actividade continuará o 19 de abril co evento “As punkis da literatura ‘Repunknitas’”, ás 20:00 horas na Casa da Cultura. O día 22 desenvolverase unha nova sesión dos “Mércores de contos”, ás 17:30 horas na Biblioteca Pública.
O 24 de abril acollerá unha dobre cita na Casa da Cultura, coa presentación de “Utreia” de Francisco Narla ás 19:00 horas e “A eclipse do 12 de agosto” de Borja Tosar ás 20:30 horas.
A programación pecharase coa Feira do Libro, que se celebrará os días 25 e 26 na Casa do Marqués, e coa actividade “Simposios salvaxes”, prevista para o 29 de abril ás 20:00 horas na Biblioteca Pública.