Sarria recibe esta fin de semana dous espectáculos
Sarria acolle esta fin de semana dous espectáculos dirixidos a todos os públicos; unha actuación infantil e un espectáculo de circo. Así pois, o vindeiro sábado 4 de setembro chega a actuación Oh Olimpiadas!, un espectáculo de novo circo da compañía Pistacatro. Trátase dunha proposta fresca na que dúas limpiadoras ven como a súa rutina é retransmitida coma se dunha competición olímpica se tratara.
O espectáculo conta, ademáis, coa voz en off de Julia Luna, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos Xogos Olímpicos de TVE. Estas situación cobran vida grazas á combinación de técnicas como a danza, os portés acrobáticos e, por suposto, todo regado cunha boa dose de humor.
A cita celebrarase na praza da vila de Sarria, ás 18.30 horas. Así mesmo, levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes.
Así mesmo, o domingo 5 de agosto chega tamén un espectáculo infantil titulado Xeliña fala galego, a cargo da compañía Caxoto Contacontos. A cita levarase a cabo ás 12 horas na praza da vila de Sarria.
Este é o ano da escritora e tradutora Xela Arias. Con este motivo ven de estrearse a obra inédita “Non te amola!”; a única das súas obras dirixida ao público infantil e única dentro do estilo narrativo. Trátase dun texto en gran medida autobiográfico sobre a súa nenez que conta a esencia dunha xeración enteira de nenas e nenos galegos que viviron a súa nenez nos anos 90 do século pasado.
A partires desta obra escrita a modo de diario, Caxoto visita a figura da autora dende a súa experiencia como neno que viviu esa década compartindo eses mesmos referentes.