Sarria recibe unha vez máis a peregrinos procedentes da Asociación Xacobea de Xaén

SarriaXa
O municipio de Sarria recibe unha vez máis esta semana a peregrinos procedentes da Asociación Xacobea de Xaén
membros asociacion xaen portada
26 Ago 2022

Vén de aterrar no municipio lucense de Sarria un grupo duns vinte peregrinos procedentes de Francia, que perseguen de novo acadar o final do Camiño na cidade de Compostela.

Por mor da pandemia, a viaxe viuse posposta ata agora, cando estes peregrinos retomaron o camiño dende a localidade leonesa de Foncebadon.

Non é a primeira vez que realizan esta andaina, como tampouco é a primeira vez para Jacinto Fuentes Mesa, fundador da entidade e todo un veterano do Camiño que afirma que xa realizou tódalas rutas xacobeas.

Entre as iniciativas que leva a cabo a Asociación Xacobea de Xaén está a do Inverno Xacobeo, que se centra en charlas e coloquios que percorren colexios e institutos e mergúllanse nas curiosidades da ruta a Santiago. Co fin de poñer en valor a historia do Camiño.

A ASOCIACIÓN

A Asociación Xacobea de Xaén fundouse no ano 2003 coa firme vocación de manter o espírito da tradición cristiá e mariana da peregrinación cara Santiago de Compostela.

Dende o 2003, atenderon non só a peregrinos senón tamén a futuros peregrinos que quixeron coñecer máis detalles sobre O Camiño de Santiago a través dos membros da asociación.

“Unha das nosas prioridades fundamentais é a de informar e dar a coñecer na provincia de Xaén, O Camiño Xacobeo, así como poder facilitar a tódolos peregrinos que o desexen a credencial”, afirman os integrantes da asociación.

“Tamén promovemos o Camiño Mozárabe de Santiago pola Serra Sur de Xaén tras recuperar esta vía de peregrinación que transcorre polos municipios de Xaén capital, Torredelcampo, Jamilena, Martos e Alcaudete”, segundo puidemos coñecer.

0.1747670173645