Sarria recibiu á asociación 'A Santiago contra o Cancro' no Concello

SarriaXa
A comitiva solidaria, que percorreu máis de 900 km por seis rutas xacobeas, foi homenaxeada pola corporación local no seu paso pola vila
Santiago-contra-el-cancer-Sarria
29 Jun 2025

O Concello de Sarria acolleu  un acto institucional para recibir á asociación 'A Santiago contra o Cancro', unha iniciativa solidaria que percorreu 907 quilómetros a través de seis variantes do Camiño de Santiago co obxectivo de recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro de León.

A concelleira de Festas, Geni Valcárcel, presidiu no salón de actos do Concello un encontro cheo de emoción e agradecemento, no que se puxo en valor o compromiso dos máis de 200 voluntarios que participaron nesta xesta, coñecidos como “corregrinos”.

A expedición partiu o 22 de xuño desde Hendaya e tiña previsto chegar a Compostela o día 29, cunha meta solidaria: superar os 500.000 euros en doazóns.

Dende o Concello expresaron o seu orgullo por formar parte desta experiencia humana e solidaria, e quixeron agradecer tamén a implicación da veciñanza de Sarria, que acolleu con agarimo e entusiasmo a todos os participantes nesta iniciativa tan especial.

⚙ Configurar cookies
0.11861181259155