Sarria renova o parque do Chanto con xogos inclusivos e melloras de accesibilidade

O Concello de Sarria está a realizar melloras no parque infantil de O Chanto co obxectivo de renovar dez xogos, dos cales a maior parte serán inclusivos, para que todos os nenos e nenas poidan gozar destas instalacións.
Esta actuación lévase a cabo tras manter conversas coa Plataforma Diversa Infantil para coñecer de primeira man as necesidades reais de diversidade da vila.
Con un orzamento de 44.000 euros, as obras comezaron coa instalación dunha valado de madeira no perímetro da zona máis próxima ao río. Ademais, colocarase un pavimento de caucho absorbente de impactos, ampliando en 100 metros cadrados a superficie deste firme e acondicionando outros 50 metros que se atopaban en mal estado.
Tamén se instalarán paneis educativos, como o tradicional xogo do tres en raia. As obras obrigan ao peche temporal dunha parte do parque, concretamente na zona máis próxima ao local O Meigallo e á entrada, que será acondicionada para mellorar a súa accesibilidade.