Sarria reuniu preto de 120 pilotos na carreira de Resistencia da Liga de Moto de Campo

Os Carro x Catro de Sarria promoveu esta fin de semana, en colaboración co Concello de Sarria, unha proba de Resistencia incluída na Liga de Moto de Campo que reuniu na vila preto de 120 pilotos no polígono do Morelle. Entre as responsables da organización estivo unha das caras máis recoñecidas do motociclismo galego, Elena López, campioa da Liga Galega de Enduro.
Era a primeira ocasión na que o municipio acollía esta competición, que se disputou nun circuíto duns oito quilómetros situado no parque empresarial do Morelle. A xornada contou coas categorías infantil, individual e por parellas.
Na clasificación scratch o triunfo foi para Jorge Paradelo, que tamén dominou na proba Dunlop. Na categoría elite individual ocuparon as tres primeiras posicións Diego Teixeira, Xoel Lago e Raúl Fernández. En sénior, os mellores tempos foron para Jairo Lorenzo, Antonio Pajón e Luis González, mentres que en júnior os postos de honra corresponderon a Joaquín Castro, Alfonso Gonzalo e Álvaro Torres.
Dentro da categoría top 100 por parellas, impuxéronse Marco Montes e Óscar Regueiro, seguidos de José Alberto Rodríguez e Jorge Dacal, e de José María Castro e Carlos Salicrú.
En top 80 acadaron a vitoria Senén Cortizo e Jorge Paradelo, con Carlos Moreiras e Pablo García en segunda posición e Alberto Fernández e Adrián Rodríguez na terceira. No top 60, os primeiros clasificados foron Víctor Mariño e Nicolás Miñones, Martín Bermúdez e Javier Bermúdez, e Óscar Álvarez e Daniel Galán.
Mateo Quintás e Darío Beiro, Antón Sánchez e Samuel González, así como Javi Carracedo e Noel Carracedo subiron ao podio na categoría top 40. Finalmente, en mixto por parellas lograron o primeiro posto as duplas formadas por Dani Carracedo e Lucía Luaces, e Marco Díaz e Uxía Camiña.