Sarria segue a traballar no acondicionamento e mellora das rúas de Oural
O Concello de Sarria segue a traballar nas melloras do municipio de Oural. Nesta ocasión a vila sufriu a retirada da sinalización vertical que estaba en desuso. Desta forma elimináronse semáforos e sinais da travesía principal de Oural.
A Policía Local e os operarios retiraron no pasado venres 5 semáforos instalados na década dos 90 que levaban anos sen funcionar. Tamén se retiraron paneis luminosos que estaban en mal estado polo paso do tempo e dúas sinais verticais que indicaban a presenza destes semáforos.
Esta iniciativa supuxo o embelecemento da zona e o aumento no espazo peonil ao eliminar estas sinais que ocupaban espazo sen cumprir ningunha función.
A retirada da sinalización vertical é un traballo máis que se está a realizar en Oural para mellorar a calidade de vida dos veciños, durante os últimos meses leváronse a cabo asfaltados nas rúas que se retomarán proximamente.