Sarria será escenario o 25 de abril dunha nova edición da Pretorian Race Sarria Xtreme

SarriaXa
O percorrido será de 7 quilómetros e incluirá un total de 40 obstáculos, deseñados para esixir o máximo esforzo físico e mental
Pretorian-Race-2024-1
13 Apr 2026

A Pretorian Race Sarria Xtreme volve á vila o 25 de abril cunha nova edición da carreira de obstáculos que naceu da iniciativa de corredores para corredores e que se consolidou como unha das citas máis esixentes e divertidas do calendario deportivo.

A proba converterá a vila nun escenario de superación, barro e adrenalina ao longo dunha xornada pensada para poñer a proba a resistencia e a forza das persoas participantes.

Como vén sendo habitual, a Pretorian Race Sarria Xtreme contará con tres categorías, elite, popular e started, para adaptarse a diferentes niveis de preparación.

O percorrido será de 7 quilómetros e incluirá un total de 40 obstáculos, deseñados para esixir o máximo esforzo físico e mental, nun campo de rugby acondicionado especialmente para afrontar o reto os e as máis valentes.

0.085024833679199