Sarria Sorrí volta para amenizar con humor este verán

SarriaXa
Comezará o 26 de Xuño en O Meigallo, para rematar o 14 de Agosto na Praza de Santa Mariña e contará tamén con programación infantil.
sarria sorri
4 Jun 2021

Sarria acolle a II edición do Sarria Sorrí, que xuntará a algúns dos mellores cómicos do panorama nacional. O ciclo, comezará o 26 de Xuño ás 21:30h en O Meigallo coa actuación de Miguel Lago e o seu espectáculo 20 anos faltando onde o popular cómico e tertuliano televisivo repasará as súas e máis populares rutinas.

As actuacións continuarán o 23 de Xullo cun inédito espectáculo cos cómicos Oswaldo Digon e Brais Doval, ambos pertencentes o coñecido programa televisivo Malicia Noticias, e onde se podrán desfrutar os novos monólogos dos cómicos galegos.

No mes de agosto chegarán dúas representacións máis. Por un lado, o 8 de Agosto, no Campo de Rugby, a única actuación en Galicia deste ano do espectáculo Lechazo á Feira onde Xosé A. Touriñán, David Amor, JJ Vaquero e Álex Clavero traerán os seus mellores monólogos para debatir, en tono de humor, cal é o mellor sitio para vivir, se Galicia ou Castilla.

Por outro lado, o 14 de Agosto, ás 12:00h arrincará cunha divertida actuación infantil gratuita a cargo de Pedro Brandariz na Praza de Santa Mariña. E o mesmo día, no mesmo lugar, ás 21:00h o Sarria Sorrí rematará coa actuación de Luis Piedrahita, que nos traerá o seu último espectáculo que tanto éxito lle está a dar na Gran Vía madrileña.

Con esta programación, a empresa local Etiqueta Negra Producciones, có patrocinio do Concello de Sarria, reafirman a súa aposta por establecer un ciclo cultural de nivel na vila lucense. Dende a organización queren destacar a importancia que este ano tivo a colaboración de empresas locais, que arrimaron o ombreiro e quixeron poñer o seu granito de area para que esta ambiciosa edición se levase a cabo en tempos tan complexos.

Toda a información estará dispoñible en www.etiquetanegra.org. Así mesmo, todas as medidas de protección vixentes estarán activas e controladas durante todo o Sarria Sorrí . Os asistentes terán que deixar os seus datos e serán almacenados para o control de posibles bromos. Os aforos reducíronse considerablemente para asegurar suficientes distancias de seguridade. Habrá controles de acceso, postos de xeles, e acomodadores, e sempre se garantirán os fluxos de persoas e as desinfeccións de todas as zonas.

Entradas

As entradas estarán a venda tanto vía web, na páxina www.ataquilla.com, nos establecemos locais coma no Estanco gallego, O Meigallo e O Casino. Habrá distintos tipos de entradas dispoñibles, tanto para espectáculos individuais, como abonos con descontos para varias actividades.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12184405326843