Sarria suspende as actividades municipais este venres polos avisos meteorolóxicos

O Concello de Sarria informou da suspensión de varias actividades municipais previstas para este venres como consecuencia dos avisos meteorolóxicos activados e co obxectivo de garantir a seguridade da veciñanza. A decisión afecta, en primeiro lugar, á programación cultural, coa cancelación da función de teatro infantil “Aventura Pirata”, que estaba prevista para as 18:00 horas.
Tamén quedan suspendidos os servizos de conciliación nos centros educativos EEI Xela Arias, CEIP Frei Luis de Granada e CEIP Antonio Fernández López, situado en Oural. A estas cancelacións súmase igualmente a suspensión do servizo de comedor escolar na EEI Xela Arias.
Por último, o Concello comunicou que este venres tampouco se impartirán as clases da Escola Municipal de Música de Sarria, ESMUSA, dentro das medidas preventivas adoptadas ante a situación meteorolóxica adversa.