Sarria terá como banda sonora, hoxe 19, o metal e o hardcore co Rabudo's Fest
O Rabudo’s Fest é unha nova cita que promove a cultura e os músicos emerxentes de Galicia. Este festival acolle diferentes grupos de metal e hardcore e terá lugar hoxe, 19 de febreiro. O cartel inclúe ás bandas Northslave, Brutal, Schwarsenegger e Untides.
A entrada ten un custe de 8 euros e pódese coller anticipada a través do correo oficialbrutal@gmail.com ou poñéndose en contacto con calquera das bandas a través das súas redes sociais.
Nesta cita, os asistentes poderán desfrutar dun xénero musical que ten as súas orixes nos anos sesenta e principios dos setenta no Reino Unido e nos Estados Unidos. Os sons de guitarras fortes e distorsionadas, ritmos enfáticos e máis o baixo e a batería farán do Buril un espazo de ocio e talento.
Northslave
É un grupo de metal con orixes na capital, en Santiago de Compostela. Está composto por Javier Mosquera á guitarra, Javier Gestal na batería, Pablo Rivas á guitarra e voz e Jesús Redondo no baixo.
Brutal
Esta banda nace en Pontevedra e ofrece temas baseados no trash e o hardcore dos oitenta e dos noventa. Con todo, nos últimos tempos, a banda está a se abrir a novos estilos. Os guitarristas Javi e Chipi, o batería Jose, Lute, o baixista e Adrián como voz conforman este grupo.
Schwarzenegger
É unha banda de música que toca metal extremo, metal non tan extremo e música progresiva, ten as súas orixes en Ferrol e está formada por tres músicos.
Untides
Untides é unha banda de death metal de Lugo que compartiu escenario con bandas de gran renome de Euskal Herria como Flitter, Voltaia o Bide Bakarra.