Sarria únese á campaña galega de doazón de sangue

SarriaXa
A unidade móbil de ADOS estará este xoves 26 na Rúa da Liberdade para recoller doazóns nun momento crítico do verán
Imaxe dun autobús de doazóns de sangue
25 Jun 2025

Sarria acollerá este xoves, 26 de xuño, unha nova campaña de doazón de sangue organizada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), coa instalación da súa unidade móbil na Rúa da Liberdade, na zona de carga e descarga situada fronte á Cafetaría Don Pepe.

O horario de atención será de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 21:00 horas pola tarde.

A campaña chega nun momento clave, xa que durante os meses de verán a participación adoita diminuír, mentres que a necesidade de sangue nos hospitais galegos continúa sen descanso.

Desde ADOS fan un chamamento á veciñanza para que participe activamente e axude a acadar o obxectivo de 27.000 doazóns necesarias este verán en Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.15334010124207