Sarria únese ao reto de reciclaxe coa que pode gañar 2.000 euros para un fin social

SarriaXa
Sarria se une al reto de la Xunta y Ecoembes para reciclar plástico con el que pueden optar a 2.000 euros para una causa social.
reto reciclaxe sarria
2 Mar 2022

Os veciños de Sarria únense ao reto proposto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xunto con Ecoembes co fin de reciclar e eliminar os residuos de maneira eficiente.

A campaña que deu comezo o 1 de marzo, estenderase ata o 31 de maio. Para colaborar, os veciños de Sarria deberán botar os seus envases lixeiros como latas, briks e envases de plástico no contedor amarelo. Se con esta iniciativa se incrementar nun 10% a reciclaxe destes residuos respectos aos mesmos meses do ano pasado o concello pode gañar un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social. No Concello de Sarria a entidade beneficiaria será Hospitaleros sin Fronteras.

Nesta páxina podes obter máis información e as indicacións a seguir para facer unha reciclaxe efectiva https://uneteaoreto.com/

HOSPITALEROS SIN FRONTERAS
É unha ONG coa que se pretende servir axudar ás familias desfavorecidas das zonas rurais de África.

A ONG creouse despois dunha viace a M’Bour, unha cidade no sur de Senegal onde viron a situación de precariedade e pobreza á que se enfrontaban os seus habitantes.

A súa andaina comezou coa instalación de huchas solidarias nos albergues da zona de Sarria co fin de reunir fondos e adquirir materiais para persoas necesitadas de Senegal.

0.18127107620239